Suso Vaamonde - Bande 歌词

Alá enriba está bande
Coma unha estampa antiga
Dibuxada no aire,
Alá enriba está bande.

Pendurada do vento,
Bande das verdes corgas
Cinguidas de silencio,
Pendurada do vento.

A maina primaveira
Alcende fogueiradas
De froles amarelas,
A maina primaveira.

Altas terras da limia
Dos outonos dourados
E das chousas sombrizas.
Altas terras da limia.

Nas encostas da serra
Branquexan os xestedos
Coma río de néboa,
Nas encostas da serra

Nos camiños do vieiro
Onde o corisco funga
Ten o seu pazo o inverno,
Nos camiños do vieiro.

Vila noble e labrega,
Das touzas avesías
I as paisaxes esgrevias,
Vila noble e labrega.

Alá embaixo, entre seixos,
Pasa o río cantando
Unha canción de arrieiro,
Alá embaixo, entre seixos.

Adeus, voume alonxando,
Anque por fóra ledo,
Por dentro vou chorando,
Adeus, voume alonxando,

Quen poidera mirarte
Dende o cume do outeiro
Santa comba de bande,
Quen poidera mirarte.
这个歌词已经 194 次被阅读了