Petapouco - A Miña Burriña 歌词

A Miña Burriña (Petapouco)

Eu caseime por un ano,
por saber que vida era.
(Bis)

O ano vaise acabando,
solteiriña quen me dera.
(Bis)

Retrouso
A miña burriña cando vai pra o muíño
vai toda enfariñada cheíña de frío,
cheíña de frío e máis de xiada,
ai, a miña burriña sempre vai cargada.

Solteiriña, non te cases,
aproveite a boa vida,
(Bis)

Que eu ben sei dunha casada
que chora de arrepentida.
(Bis)

Retrouso
A miña burriña cando vai pra o muíño...

Eu queríame casar-e,
miña nai dime que é cedo,
(Bis)

Ela como está casada
non sabe as ganas que eu teño.
(Bis)

Retrouso
A miña burriña cando vai pra o muíño...
(Bis )
这个歌词已经 223 次被阅读了