Keltoi - Galiza 歌词

Fillos dunha terra asoballada
Descendentes dun pobo loitador
Sempre vive na nosa ialma
O sentemento de xenreira e dor

Ben orgullosos
Da fisterra do mundo
Terra gloriosa
Dos nosos ancestros
Xuntemos dunha vez
As nosas forzas
Os eidos temos que defender

Galiza, non te quero ver morrer
Galiza, no corazón te hei de ter
Galiza, somos fillos de breogán
Galiza, sempre ceibe terás que ser

Temos que lembrar
O noso pasado
Nunca dar as costas
Á nosa tradición
Mostrar con orgullo
A nosa bandeira
Con ledicia e con paixón

Dos celtas antigos
Glorioso exemplo
Dos duros romanos
Non lixo, non servos
Rompede as cadeas
Da patria, dos eidos
Loitade valentes, loitade galegos!

Galiza, non te quero ver morrer
Galiza, no corazón te hei de ter
Galiza, somos fillos de breogán
Galiza, sempre ceibe terás que ser

Nunca esquezamos
Exemplos pasados
De homes e mulleres
Que por nós loitaron
Sabían dos riscos
E seguiron adiante
Pensando en galiza
Deixaron o sangue

Miremos pra diante
Con fe no futuro
Esquecendo xa
Os imbéciles e duros
Nós temos nas maos
Novos tempos fermosos
Loitade galegos
Bos e xenerosos!

Galiza, non te quero ver morrer
Galiza, no corazón te hei de ter
Galiza, somos fillos de breogán
Galiza, sempre ceibe terás que ser
这个歌词已经 187 次被阅读了