Fuxan Os Ventos - Muiñada 歌词

Era unha noite de chuvia e de frío
a que eu pasei, no muiño do río!
toda contenta empece a cantar,
pra non ter medo á noite pasar!
Dum, dum, petan á porta,
saio a correr:
é Marquexiño
que viña moer!
Viña cun conto, levado do demo
cousas que as mozas,
moitas non queremos!
O pillo decía: eu quero moer,
no muiño do río, oxe tén de ser!
No meu muiño non moe ninguén
tódos o queren porque moe ben!

Que moe ben, dirano os tolos,
pro, polo visto, non moe para todos!
E se ti queres, pra mm moerá
e se non queres xa che pesará!
E, se me pesa, hei de pousar
pero, por ti, non he de chamar!

Pero Marquixo, como é "caradura»
fóise achegando e colleume a cintura.
Eu teño xenio, logo me enfadei,
co aliviadoiro, no lombo lle dei!
Botéino fora, e cerreille a porta
porque pensei que lle daba unha volta.
Pobre Marquixe, qué mal lle saleu,
que levou na chepa, e mais non moeu!
这个歌词已经 179 次被阅读了