Yellow Pixoliñas - Ra Тексты

Namoreime dunha cantante de acighaus
Que mentras cantaba movía as maos,
Movía a cabeza, movía o pé,
Movía a tibia e máis o peroné

Fíxose famosa no mundo en teiro
E contratou mil trescentos gaiteiros.
Dende aquil día case nin me fala
(e eso que non era tan mala chavala)

un día de agosto, -mira tu-
enrollouse cun fan dos Duncandú
e volveuse entón tan ecoloxista
que desde aquel día perdina de vista

Pasei unhos días ó borde da morte
E ela cas ballenas no Mar do Norte
Ou na Antártida, mesmo, (ela andaba perdida
Porque non sabíade xeografía)

Mil ruas levaban onde ela estaba
¿e cal sego agora? Eu me preguntaba.
Enseñándolle unha flor que teño gardada
Seguro que a deixo toda flasheada

E atopeina un día detrás dun silveiro
Pasando o rato cun augardenteiro
Pero non o matei, non o matai, non
Que o augardenteiro está en peligro de extinción

E funme de alí, e funme tan tranquilo,
Cas maos valeiras e no bico un asubío,
E ela berraba, e berraba por min
E esto foi todo o que lle oín:

Ai Pepiño, Pepiño, Pepiño, ¡por Dios!
Ai Pepiño, Pepiño, ¡por Dios no te vaias!
Quédate, quédate con nós,
Quédate con nós para facer unha queimada
Этот текст прочитали 188 раз.