Miro Casabella - O Meu País Тексты

O meu país,é verde e neboento
é saudoso e antergo,é unha xente e un chan
o meu pais,labrego e mariñeiro
é un recuncho sin tempo,que durme nugallán

Que quece na lareira,aló na carballeira
bota a rir
e unha folla no vento,alento e desalento
o meu país

O meu país,tecendo a sua historia
muiñeira e corredoira,acocha a sua verdá
o meu país saúda o mar aberto
escoita o barlovento,e ponse a camiñar

Cara a metas sin nome van ringleiras de homes
e sin fin
tristes eidos de algures,vieiros pra ningures
o meu país

O meu pais nas noites de invernía
dibuxa a sua agonía,nun vello e nun rapaz
o meu país de lenda e maruxías
agarda novos dias,marchando de vagar

Polas corgas e herdanzas
nasce e morre unha espranza,no porvir
e unha folla no vento,alento e desalento
o meu país.
Этот текст прочитали 213 раз.