Unha noite na eira do trigo
Ó refrexo do branco luar
Unha nena choraba sin trégolas
Os desdés dun ingrato galán
I a coitada entre queixas decía
Xa no mundo non teño a ninguén
Vou morrer e non ven os meus ollos
Os olliños do meu doce ben
Os seus ecos de malencolía
Camiñaban nas alas do vento
I o lamento repetía
Vou morrer e non ven o meu ben
Lonxe dela de pé sobre a popa
Dun aleve negreiro vapor
Emigrando camiño de américa
Vai o probe e infeliz amador
I ó mirar as xentís anduriñas
Cara a terra que deixa cruzar
Quen pudera dar volta pensaba
Quen pudera convosco voar
Mais as aves e o buque fuxían
Sin ouir seus amargos lamentos
Solo os ventos repetían
Quen pudera convosco voar
Lairaraira
Noites craras de aromas e lúa
Desde entón que tristeza en vós hai
Pros que viron chorar unha nena
Pros que viron un barco marchar
Dun amor celestial verdadeiro
Quedou solo de bágoas a proba
Unha cova nun outeiro
I un cadavre no fondo do mar
Этот текст прочитали 162 раз.