Los Tamara - O Home e a Terra Тексты

Ano tras ano
Traballa o labrego
Sobre o mesmo campo,
Sobre o mesmo rego.
Falou coa terra
Pidíndolle axuda,
I a terra negoulla
Silencio e loucura.

Hano roxo dourado e enxebre,
Un choqueiro de pel e de pau
E curtiron as augas da neve,
Os calores dos ventos do vrao.
Os sudores con sangue regaron
Que o meu pan esa terra lle da,
Unha terra que o fai ser esclavo,
Esmolando un anaco de pan.

Vida do campo
Vida de inquedanzas
Beiros que levan
Ou traen espranzas.
Carros que renxen
Nas estradas longas
Como os tristes días
Dos que tanto loitan.

Haino roxo dourado e enxebre,
Un choqueiro de pel e de pau
E curtiron as augas da neve,
Os calores dos ventos do vrao.
Os sudores con sangue regaron
Que o meu pan esa terra lle da,
Unha terra que o fai ser esclavo,
Esmolando un anaco de pan.

De pan, de pan.
Этот текст прочитали 263 раз.