Imos silandeiros orela do vado
Pra ver o silandeiro afogado.
Imos silandeiros veiriña do ar,
Antes que ise río o leve pró mar.
Súa ialma choraba, ferida e pequena
Embaixo os arumes de pinos e de herbas.
Ágoa despenada baixaba da lúa
Cobrindo de lirios a montana núa.
O vento deixaba camelias de soma
Na lumieira murcha da súa triste boca.
¡vinde, mozos loiros do monte e do prado,
Pra ver o adoescente afogado!
¡vinde, xente escura do cume e do val,
Antes que ise río o leve pró mar!
O leve pró mar de curtiñas brancas
Onde van e vén vellos bois de ágoa.
O vento deixaba camelias de soma
Na lumieira murcha da súa triste boca.
¡vinde, mozos loiros do monte e do prado,
Pra ver o adoescente afogado!
¡ai, cómo cantaban os albres do sil
Sobre a verde lúa, coma un tamboril!
¡mozos, imos, vinde, aixiña, chegar
Porque xa ise río mo leva pró mar!
¡ai, cómo cantaban os albres do sil
Sobre a verde lúa, coma un tamboril!