Xil Ríos - Falemos Galego Lyrics

Xa é tempo chegado
de sentirnos irmáns;
falemos todos a fala
dos nosos avós

Quen non fala á súa fala
é que desprecia á súa Nai;
na escola falen os pequenos;
na rúa falemos nós

Canta Pobo canta,
fala na túa lingua
Quen pode renegar,
dunha Nai tan sofrida?

Canta Pobo canta
dende o mar aos piñeiros
dos libros aos labregos,
dos labregos aos regos
e aos catru ventos irmáns galegos

E, e, e, e......... Falemos galego
E, e, e,e...........Falemos galego
E, e, e, e..........Falemos galego
E, e, e, e..........Falemos galego
Temos que camiñar
xuntos cada vez máis;
non podemos deixar
que o pobo rache máis

Con este canto irmáns
eu quero lembrar
que Galiza é a Patria,
non o esqueza máis!

Canta Pobo canta,
fala na túa lingua
Quen pode renegar,
dunha Nai tan sofrida?

Canta Pobo canta
dende o mar aos piñeiros
dos libros aos labregos,
dos labregos aos regos
e aos catru ventos irmáns galegos

E, e, e, e......... Falemos galego
E, e, e,e...........Falemos galego
E, e, e, e..........Falemos galego

A nosa fala é azul
coma o ceo que nos veu nacer;
é branca coma verdade
cos nosos avós falaron hastra morrer
Falemos a nosa fala
pra que os nosos fillos nunca deixen de falala!

E, e, e, e...........Falemos galego
E, e, e, e...........Falemos galego
E, e, e,e ...........Falemos galego
This lyrics has been read 374 times.