Frío na pedra
Rua mollada
Xa fai tempo non pasa nada
Dende o rincón
Dende o meu rincón
Sitios novos, vellas caras
Fiestras rotas
Vidas pasadas no caleixón
No meu caleixón
Aínda esperto podo ver
Eses muros ao mencer
Con frases que non din nada
Cheiro a veces o portal
O sabor do meu fogar
Canta historia na barriada
O escampado donde xogaba
Pasa o tempo
Non hai nin ratas
No meu rincón
Dende o meu rincón
Tirando pedras contra a nada
Zapatos rotos polas patadas
Daquel balón
Dun vello balón
Aínda esperto podo ver
Eses muros ao mencer
Con frases que non din nada
Cheiro a veces o portal
O sabor do meu fogar
Canta historia na barriada
Aínda esperto podo ver
Eses muros ao mencer
Con frases que non din nada
Cheiro a veces o portal
O sabor do meu fogar
Canta historia na barriada
Ainda esperto podo ver
Eses muros o mencer
Con frases que non din nada
Cheiro a veces o portal
O sabor do meu fogar
Canta historia na barriada
No meu barrio!
Aínda esperto podo ver
Eses muros ao mencer
Con frases que non din nada
Cheiro a veces o portal
O sabor do meu fogar
Canta historia