Sol que alumea as treboas
Dos fondos sofrimentos
Voz que doutros espacios
Nos ven eiquí a falar.
Na múseca dos soutos
No sospirar dos ventos
No marmurar dos ríos
E no muxir do mar.
Por eso en longas terras
De coitas e de dores
Os fillos de galicia
Morrendo tristes van.
Tomade acó emigrantes
Voltade a vosa terra
Que a nosa patria berra
Hai tanto que arranxar.
Facer ao escravo libre
Votar da casa a fame
Que o que traballa gane
Que todos teñan pan.
Que o trigo encha as artesas
Que fuxan os doores
Que non haxa señores
Que veña a libertá.
Quen dixo que era probe
A rica terra nosa
Quen dixo que saudosa
Quen tanta crueldá.
A nosa terra é nosa
A nosa espranza é nosa
Compre facer xusticia
Xa é hora de falar.
Galicia nome santo
Que dixen con ledicia
De neno e que hoxe lembro
Co lume da pasión.
Cando morrer eu vaia
O nome de galicia
Direino misturado
Co nome do meu dios.
Dieser text wurde 208 mal gelesen.