Había un lume aceso
Na casa dos abós.
Agora ben comprendo
Que o lume eramos nós.
O pai que contaba unha
Historia medoñenta.
A nai surría, pois
A historia n´era certa.
Afóra, nos camiños
Refungaba o corisco.
Unha irmá preguntaba
Polos probes de cristo.
O vento neboeiro
Agollapaba a chaira.
¿onde están esta noite
Os que non teñen casa?
O bosco era un misterio
Rumoroso e lonxano.
O irmáo máis pequeno
Preguntaba calado.
Agora é xa un home,
E sigue preguntando.
Agora é xa un home,
E sigue preguntando.
Dieser text wurde 198 mal gelesen.