Narf - Santiago Songtexte

Son dunha cidade futurista
Ca alma enredada na espiral
Arcos, casas, flores de pedra
Que alguén sementou
A calma no medio do vendaval
Cidade misterio, aldea oculta
Santiago

A maxia aparece, invade e transforma
Os camiños son ríos
A pedra un manantial
Cidade incompleta, faro errante
Santiago

A noite dispuxo que guiasen
Os astros
E saímos ao encontro
Dos que viñan do mar
Retumban na néboa círculos
Campá no tímpano mental
Berenguelelé lelelé lelelé
Dieser text wurde 190 mal gelesen.