A Fogueira (Luada)
A noite de San Xoán, todos temos unha idea.
Ai lala la la lala.
(Bis)
Dé carrexar moita leña, pra face-la fogueira.
Retrouso
Eu queimeime, eu queimeime,
na fogueira de San Xoán,
botáronlle moita leña
e non se puido apagar.
(Bis)
Cando chegamos alí, xa prenderan a fogueira,
Ai lala la la lala.
(Bis)
Eu como son despistado, metinme na queimadeira.
Retrouso (Bis)
Eu queimeime, eu queimeime....
Cantamos, tamén bailamos o redor da fogueira,
Ai lala la la lala.
(Bis)
Bebemos moita queimada, temos media borracheira.
Retrouso (Bis)
Eu queimeime, eu queimeime....
Logo vamos a durmir, cansados de tanta festa
Ai lala la la lala.
(Bis)
Dicindo todos contentos: que grande foi a fogueira.
Retrouso (Bis)
Eu queimeime, eu queimeime....