Dakidarría - Terra Şarkı Sözleri

Baixar da furgoneta
No cabo de Ortegal
Lembrando aquel vello poema
Xusto antes de tocar

Ou no Bierzo galego
Coa xente do lugar
Ceando xuntos nas pallozas
Na noite de San Xoan

Verbas de mariñeiro
Na praia de Massó
Mentres o sol quenta con raiba
Os guindastres de Teis

Revolta no Berbés
Mantendo Vigo en pé
Cidade proletaria

Historias dunha terra
De cuncas e de mar
Que xuntos coñecemos
Nas voltas que a música nos dá
Camiña e facer camiño
Escoitar, aprender e compartir

As dornas de Combarro
Loitando contra o mar
Ou as gamelas de Ares
Que nunca naufragarán

Tratorada en Chantada
Cun frío que nin dios
Resistencia en Montealto
E unha nova okupación

Mencer en Carballiño
Coma sempre sen un can
Ir vendo crecer a Iñaki
A golpes de Rock&Roll

A mocidade activa
Do noso Val Miñor
BERRA para facerse oir

Historias dunha terra
De cuncas e de mar
Que xuntos coñecemos
Nas voltas que a música nos dá
Camiña e facer camiño
Escoitar, aprender e compartir

Facendo camiño ao andar
Nas voltas que a música
Nos dá, na cabeza
Amizade, xente ceibe
Coma o vento
Ou as ondas do mar
Un vento rebelde
Que vén de lonxe
Agora en nós nomeámo-lo furacán
E agora que sone a
Música da colectividade
Coas suas historias de cuncas
Terra, dignidade e mar
Salvaterra do Miño, Riotorto, Pardiñas, Cangas, Ordes
Poulo, Manselle, Montealto, Monteferro, O Courel
A nosa música é do pobo e é para o pobo!

Historias dunha terra
De cuncas e de mar
Que xuntos coñecemos
Nas voltas que a música nos dá
Camiña e facer camiño
Escoitar, aprender e compartir (x2)
Bu şarkı sözü 204 kere okundu.